(Mos, Pontevedra, 1982) é un creador que desenvolve o seu labor arredor dunha poética que leveda na súa formación en Filosofía (Licenciado pola Universidade de Santiago de Compostela) e mais na súa formación e experiencia no eido das artes escénicas. As súas obras, de marcado carácter reflexivo, adoitan tomar corpo na oralidade dos recitais e en breves presentacións escénicas que transitan os camiños do teatro e a performance. Tal é ocaso de Mudar a pel (2018), Vida útil da porcelana (2023) ou De rota raposa (2025); estas dúas últimas en co-creación coa poeta e performer Silvia Penas. Seguindo esta liña, entre a súa obra literaria publicada, destacan: - Guantanamera. Poema nun só acto (Editora Urutau. 2021) - Con esta hoz / Con esta fouce (Disbauxa Editorial. 2023) - Claustro Corda Comensal (Editorial Galaxia. 2023) - Manual de Camuflaxe (Edicións Xerais de Galicia. 2025) Desde 2021 forma parte de LÍMITES Corpo Colectivo Transfroteirizo de artistas de Galiza e Portugal. Premio Pezas dun Teatro do Porvir Galiza - Portugal por Vida útil da porcelana. (2023) Premio de Poesía Manuel Lueiro Rey pola obra Manual de camuflaxe. (2025) Premio Nacional de Poesía Viva L de Lírica (2025) Participa desde hai anos en diversos programas de divulgación da lingua galega con recitais en diversos centros de educación secundaria e clubs de lectura en toda Galiza, así como en varios festivais de poesía e artes escénicas.
Samuel Merino