+releases
PROXECTOS
Sweet Apocalipse En Sweet Apocalipse, bailarinas, músicos, performers, poetas e artistas plásticas urden unha acción arredor da corporeidade, por veces fragmentada e atravesada, na que se persegue activar os corpos nas súas diferentes vertentes, multiplicar as súas capacidades: o corpo cotián, o corpo expresivo, o corpo que acciona. Corpos que se expanden e invaden o espazo, canalizados a través de diferentes disciplinas que conviven e se mesturan entre si. Sweet Apocalipse xira arredor do concepto da apocalipse, da apocalipse doce que moitas de nós puidemos vivir no aconchego das nosas casas fronte a outras experiencias menos afortunadas, e o papel que xogan os corpos nese espazo e circunstancia excepcional, unha apocalipse na que o corpo cambia de significado: pasa de ser obxecto de desexo a ser un corpo que contaxia, marcado pola distancia, a ausencia de tacto e a profilaxe, a desinfección. 80 minutos aprox.2020
Límites Manifesta Acción multidisciplinar Creación: Límites Performers: Andrea Jano, Chucho González, Diego M. Buceta, María Roja, Míriam Rodríguez, Olsen Manuel Lima, Silvia Penas, Velpister, Xabier Xardón, Wladimir Vaz, Keens Vereeniging, Waste Generation Límites Manifesta é unha peza na que a videocreación experimental dialoga cunha presenza escénica tomada pola música, a poesía, a danza e a performance, co fin de reflexionar sobre o concepto do corpo e o seu novo significado tras a pandemia do COVID19. Límites Manifesta é o manifesto encarnado do colectivo Límites. 40 minutos aprox.2020
Acción multidisciplinar site-specific. Creación: Límites Performers: Chus Nimo, Diego M. Buceta, Leandro Deltell, María Roja, Olsen Manuel Lima, Silvia Penas, Velpister, Xabier Xardón
Sala Límites Acción plástica Creación: Límites Performers: Andrea Jano, Olsen Manuel Lima, Velpister, Keens Vereeniging, Filipe Miranda, Chus Nimo, María Roja. OXIMORRO é o título da exposición que abre a sala virtual de artes plásticas e visuais do Corpo Colectivo Límites. 30 XANEIRO - 21 MARZO
Poesía Expandida Obradoiros de Poesía Escénica con Filipe Miranda, Maria Giulia Pinheiro, Silvia Penas e Jesús Andrés Tejada Laboratorio experimental de Poesía Escénica, creación poética,ferramentas técnicas, música, videoarte….
Proxectos
+releases
Sweet Apocalipse Acción multidisciplinar site-specific. Creación: Límites Performers: Chus Nimo, Diego M. Buceta, Leandro Deltell, María Roja, Jesús Andrés, Silvia Penas, Velpister, Xabier Xardón En Sweet Apocalipse, bailarinas, músicos, performers, poetas e artistas plásticas urden unha acción arredor da corporeidade, por veces fragmentada e atravesada, na que se persegue activar os corpos nas súas diferentes vertentes, multiplicar as súas capacidades: o corpo cotián, o corpo expresivo, o corpo que acciona. Corpos que se expanden e invaden o espazo, canalizados a través de diferentes disciplinas que conviven e se mesturan entre si. Sweet Apocalipse xira arredor do concepto da apocalipse, da apocalipse doce que moitas de nós puidemos vivir no aconchego das nosas casas fronte a outras experiencias menos afortunadas, e o papel que xogan os corpos nese espazo e circunstancia excepcional, unha apocalipse na que o corpo cambia de significado: pasa de ser obxecto de desexo a ser un corpo que contaxia, marcado pola distancia, a ausencia de tacto e a profilaxe, a desinfección. 80 minutos aprox.2020
Límites Manifesta Acción multidisciplinar Creación: Límites Performers: Andrea Jano, Chucho González, Diego M. Buceta, María Roja, Míriam Rodríguez, Jesús Andrés, Silvia Penas, Velpister, Xabier Xardón, Wladimir Vaz, Keens Vereeniging, Waste Generation Límites Manifesta é unha peza na que a videocreación experimental dialoga cunha presenza escénica tomada pola música, a poesía, a danza e a performance, co fin de reflexionar sobre o concepto do corpo e o seu novo significado tras a pandemia do COVID19. Límites Manifesta é o manifesto encarnado do colectivo Límites. 40 minutos aprox.2020
Sala Límites Acción plástica Creación: Límites Performers: Andrea Jano, Jesús Andrés, Velpister, Keens Vereeniging, Filipe Miranda, Chus Nimo, María Roja. OXIMORRO é o título da exposición que abre a sala virtual de artes plásticas e visuais do Corpo Colectivo Límites. 30 XANEIRO - 21 MARZO
Poesía Expandida Obradoiros de Poesía Escénica con Filipe Miranda, Maria Giulia Pinheiro, Silvia Penas e Jesús Andrés Tejada Laboratorio experimental de Poesía Escénica, creación poética,ferramentas técnicas, música, videoarte….