SILVIA PENAS
Poeta, performer e creadora. O seu traballo ten como punto de partida a creación de textos, cunha forte vocación de indagar na poesía escénica e outros formatos de poesía volátil ou efémera, de incorporar a palabra poética ao corpo a través da voz. Investiga noutros modos de dicir o poema, confiando en que ese dicir conteña unha capacidade mobilizadora cara á acción e á reflexión. Principal é tamén nos seus proxectos a experimentación arredor da fusión da poesía con outras disciplinas artísticas, quizais pola necesidade que a poesía ten de rebasar as fronteiras dos xéneros e todo tipo de etiquetas. Entre as súas publicacións cómpre mencionar As uñas crecen, poemario gañador do certame Manuel Lueiro Rey de Poesía, Diario de ladras, bailarinas, asesinas e flores, gañador do Certame de Poesía Avelina Valladares, ou Fronteira Paraíso, libro con fotos de Jesús Andrés Tejada. Canda el creou o proxecto en activo de poesía escénica, música e videoarte Cintaadhesiva. Participou tamén nalgúns proxectos teatrais como actriz e creadora.
O RESTO É CEU Novo poemario Silvia Penas