Artista visual, performer e actriz.A súa obra xira arredor do corpo como contedor do íntimo á vez que arquitectura social e política, cun marcado interese nos seus procesos de apropiación, incorporación e transmisión do coñecemento inmaterial, así como na súa potencia como elemento subversivo e de resistencia.Exhibiu o seu traballo en diferentes exposicións e festivais organizados en galerías, museos, teatros e espazos alternativos nacionais e internacionais. Foi co-fundadora do fato bicéfalo Ohn e dos colectivos áIntemperie e Blanco&Roja, proxectos situados no campo da arte de acción.Rostro habitual das táboas e a ficción televisiva galegas, no campo da interpretación é salientable o seu labor en compañías de artes escénicas de linguaxe posdramática así como a súa participación en producións audiovisuais de feitura experimental. Foi galardoada con tres premios María Casares á Mellor Actriz.
MARÍA ROJA