Ilustradora cunha influencia moi precisa na sensibilidade coa que se enfronta ás paisaxes e na relevancia que a persoa toma nelas. A miúdo, ademais, a figura da muller posúe unha presenza moi rotunda dentro de cada peza.A súa traxectoria comprende unha primeira fase de traballos abstractos con tinta chinesa, unha segunda de debuxos minuciosos en acrílico e con cores moi vivos e unha terceira, máis actual, con creacións monocromáticas e minimalistas en acuarela.Traballa sobre diferentes soportes: papel, cristal ou tea, e tanto en medio dixital como analóxico.