Poeta en acción
A palabra poética habita o papel mais tamén pode habitar
outros espazos: unha boca, unha praza, unha ollada
infantil, un tanque.
A partir desta visión xorden proxectos e pezas de poesía
en acción atravesadas pola linguaxe escénica e
audiovisual, ás veces baseadas nos poemarios da autora
(Nenæspiraes, Corpo de Antiochia, Irmá paxaro, Bosque
vermello), ás veces creadas de xeito expreso para certas
temáticas ou ocasións. Xunto a Marcos Viso alumou o
proxecto 'Cartas ás 12', onde ilustración e escrita
establecen un diálogo sen fronteiras nin xerarquías. Del
naceron o sobre viaxeiro Bicos, laranxas e un feixe de
pensamentos e mais o álbum Distancias.
Traduce, revisa, ensina, escribe sobre poesía e teatro,
imparte obradoiros poéticos e de animación á lectura e
coordina eventos literarios (ciclo de recitais 'Teñamos
a poesía en Paz', ciclo de vermús literarios 'Un ronsel
de historias', festival poético 'Fala o mar').
Tamara Andrés