Investigador, creador e intérprete no campo das artes do corpo e do movemento. A súa obra baséase no corpo como xerador de discurso e no repensar constante dos seus significados en relación ao contexto [o corpo creativo/o corpo político/o corpo cultural], con especial interese na intervención en espazos non convencionais. Como intérprete participa en proxectos de diferentes creadorxs que abranguen dende producións de danza contemporánea ata ópera e intervencións en eventos vinculados á creación contemporánea, e baila en espazos e festivais de países como Italia, Holanda ou Marrocos. Como creador desenvolve os seus propios proxectos, sendo As vacacións máis longas o seu último traballo, e fai parte do colectivo de artes do corpo Pálido Domingo, recoñecido co Premio da Crítica no Certame Coreográfico de Madrid 2018.
Diego M. Buceta
LÍMITES